María Alonso Seisdedos naceu contra a súa vontade nunha cidade do sur de Galicia en 1961 e fíxose autónoma para ter aldea de seu, por iso levantou chamborra en Goián en 1988.
O vicio polos idiomas e unha casualidade como outra calquera levouna en 1985 a traballar de tradutora no eido da dobraxe e o subtitulado de audiovisuais. En 2009, tamén por azar, estreouse na tradución literaria da man da Editorial Galaxia con O museo da inocencia, de Orhan Pamuk, en colaboración con Bartuk Aykan, que foi recoñecida co premio da AELG á Mellor Tradución dese ano. Recibiu, ademais, o Premio Nacional de Tradución 2014, compartido con Eva Almazán, Antón Vialle e Xavier Queipo, pola versión galega de Ulises de James Joyce; o I Xela Arias, en 2018; os Follas Novas de 2021, 2022 e 2023; o X Plácido Castro, en 2022; e o Ramon Llull en 2022. En 2024 publicou a súa primeira novela, As Jermaine, na editorial Galaxia.
Desde 2018 dedica as horas laborais en exclusiva á tradución editorial e, as de lecer, a ler, a camiñar e observar paxaros.
Cando sexa grande quere ser bióloga.
PREMIOS Y MENCIONES:
AELG á Mellor Tradución dese ano.Premio Nacional de Tradución 2014.
I Xela Arias, en 2018.
Follas Novas de 2021, 2022 e 2023.
X Plácido Castro, en 2022.
Ramon Llull en 2022.
Otros libros
-
El xef que alimenta al món
16,00€15,20€ COMPRAR -
Todo o que aprendín (pola miña conta) antes de chegar á escola
15,00€14,25€ COMPRAR -
Eskolara joan aurretik (neure kontura) ikasi dudan guztia
15,00€14,25€ COMPRAR -
Tot el que he après (jo solet) abans d’anar a l’escola
15,00€14,25€ COMPRAR -
Todo lo que aprendí (por mí mismo) antes de ir al cole
15,00€14,25€ COMPRAR